Santiago Álvarez: «Celebrei a primeira comuñón no Pazo dos Irlandeses e traballei nel 60 anos, son coma o seu gardián»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

Paco Rodrtíguez

Este compostelano guarda las llaves de la joya patrimonial de la Rúa Nova en la que vivía la conocida familia Harguindey. Hasta hace cinco años aún la enseñaba a grupos de irlandeses

29 oct 2023 . Actualizado a las 11:23 h.

Santiago Álvarez no necesita luz para recorrer de memoria el Pazo dos Irlandeses, o Pazo de Ramirás, la joya patrimonial que pertenece a los herederos de la familia Harguindey y que permanece oculta, y pendiente de obras de restauración, en la Rúa Nova. «Podo andar aquí ata cos ollos pechados», asiente con devoción este compostelano de 84 años. «A familia tiña tanta confianza comigo que cando morreu a última moradora, hai case vinte anos, pensaron en min para gardar as chaves», explica. «Eu xa celebrei aquí a primeira comuñón e logo traballei no pazo, reparándoo, durante 60 anos. Fun un máis da familia, coma o seu gardián», repasa.

En 1947, a sus ocho años, comenzó su vinculación con los Harguindey, la familia de origen francés que se asentó en Santiago —«necesitaban un sitio con moita auga e castaños»— relanzando aquí el negocio de curtidos al que allí se dedicaban. «En Vite, na miña zona, tiñan unha das súas grandes curtidorías, a da Guadalupe, e, nela había unha igrexa, á que iamos. Eles eran moi relixiosos, catequistas. Despois de celebrar alí a primeira comuñón, aos nenos traíannos á galería do pazo e dábannos chocolate con churros. Pola tarde xogabamos na fábrica que tiñan no Carme de Abaixo. Era un privilexio. Eu digo que fixen a comuñón nun pazo e nacín no Hostal dos Reis Católicos», bromea, refiriéndose a cuando este aún era hospital.

Tras iniciarse en la construcción a los 13 años —«eran outros tempos»—, trabaja en edificios como el Seminario Menor. «Aos 17 marchei a Asturias porque aquí non había traballo, aínda que ao pouco volvín. Eu nacera en Vite de Abaixo, pero coñecín á miña muller, que é do de Arriba, e decidín construír a nosa vivenda no do medio...», desliza.

«Aos Harguindey coido que lles caín ben», señala humilde. «Con 24 anos traballaba como construtor en propiedades deles, como na pensión Deza, unha residencia de estudantes da rúa Doutor Teixeiro á que se coñecía como a casa do ascensor, ao ser a primeira de Santiago que o tiña. Cos anos abrín unha firma pequena de construción. Os veráns reservábaos, cos empregados, a traballar no pazo», aclara, aludiendo a las necesidades de una propiedad de casi 2.000 metros cuadrados donde, en su segunda planta, vivían tres de los hermanos —dos mujeres y un hombre—, alquilándose otros espacios para la Cámara de Comercio o el Colegio de Licenciados en Filosofía y Letras y Ciencias.

PACO RODRÍGUEZ

«Portas, ventás ou paredes están pintados e reparados pola miña man, así como o tellado, de máis de mil metros. A galería desmonteina para rehabilitala», apunta, mirando desde ella al jardín. «Dise que había laranxeiras ata que unha peste as levou. Agora hai camelios, que podei hai 40 anos», añade, demostrando su impronta en la casa y encadenando vivencias. «Aquí graváronse películas, como Trece badaladas ou A Illa das mentiras, na que a cociña serviu como faro da illa de Sálvora. Ofrecéronme participar, pero como vou saír!», afirma con humor. «No pazo mantense aínda unha tradición de vello, a de que os veciños da Guadalupe veñan en setembro buscar á súa virxe, que se mantén aquí, para levala en procesión ata a igrexa, e logo devolvela. Teñen participado 200 persoas. Como a familia era aquelada, boa, lembro nese día a xente agardando ás irmás na entrada e dicindo "Vivan as señoritas de Harguindey!" En Noiteboa daban bacallau», evoca, enlazando con otra costumbre que, debido al deterioro del pazo, ya no se mantiene.

El inmueble original funcionó desde 1605 como Colegio de los Irlandeses para formar a religiosos católicos y contrarrestar el avance de la reforma anglicana. Entre sus estudiantes estuvo el hombre que inspiró al personaje literario de El Zorro. «Cando a confraría que o impulsou vendeu o solar ao marqués de Casa-Pardiñas —logo o mercarían os Harguindey—, puxo como condición que os seus descendentes puidesen visitalo. A min téñenme chamado dende Irlanda para avisar de que viñan. Ensineilla ao que impulsou o Camiño de Santiago nese país. Moitos querían rezar ao San Patricio que está no pórtico. Hai cinco anos abrín a porta ao último grupo», defiende con pena al rememorar el esplendor pasado.

«Veño á casa dúas veces á semana. Dinme que miro máis por ela que pola miña, pero é unha vida aquí...», acentúa.