Abel Lorenzo-Rodríguez e Gael Uxío Proupín gañan o concurso literario Mazarelos de Filoloxía da USC
SANTIAGO

As obras premiadas foron o poemario «Os sucesos» e o relato «Quen matou a González Vallés»
13 nov 2023 . Actualizado a las 17:48 h.Abel Lorenzo-Rodríguez, co poemario Os sucesos; e Gael Uxío Proupín, co relato Quen matou a González Vallés; veñen de impoñerse na novena edición do concurso literario Mazarelos, que convoca anualmente a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da USC.
O acto de entrega dos premios desenvolveuse este luns no salón de actos de dita facultade, onde estiveron a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o decano de Filoloxía, Elias Feijó; e o responsable do servizo de normalización, Manuel Núñez. O grupo Mondra pechou o evento.
O obxectivo do certame non é outro que fomentar a creatividade na mocidade universitaria, desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, e promover a potenciais figuras deste eido cultural.