
O traballo foi presentado onte e recolle o resultado unhas xornadas organizadas por Filoloxía
28 nov 2023 . Actualizado a las 04:55 h.A Universidade de Santiago publicou a obra «As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe», no que revisita o legado dun proxecto creado hai cen anos. No libro avalíase o estado actual das disciplinas que constituíron as diferentes seccións integradas no SEG.
Este libro editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico é o resultado das xornadas de investigación que a Facultade de Filoloxía organizou en outubro para ofrecer un balance desas materias a través da mirada do estudantado de doutoramento da USC.
A publicación foi presentada onte nun acto encabezado polo reitor, Antonio López, que salientou a importancia dun traballo que recupera a filosofía do Seminario de Estudos Galegos e o achega ao público máis novo, «situando Galicia como eixo de estudo con absoluta normalidade». Unha das investigadoras resaltou a importancia de recuperar a vocación de intervir da universidade.