Francisco Méndez: «Era impensable imaxinar a fama, internacional, da biblioteca Conchi»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

Xoan Soler

Dirigió la biblioteca Concepción Arenal durante las dos décadas en las que su popularidad se disparó en Santiago. «Ao inicio chocoume o nome que lle puxeron os universitarios, pero logo ata chamamos Conchi á 'peña' de lotaría dos traballadores do centro», admite

28 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Recuerda su sorpresa cuando los universitarios empezaron a llamar "la Conchi" a la biblioteca Concepción Arenal, situada en el campus sur. «O nome chocábame, non me saía, a pesar de que foi tamén adoptado polo profesorado. Iso si, cando fixemos unha mostra sobre Concepción Arenal e souben que a ela a chamaban dona Concha, pensei que polo menos se lle asemellaba», afirma riendo Francisco Méndez, el bibliotecario que, desde la apertura y hasta que se jubiló en el 2023, ayudó a que el edificio trascendiese su esencia para convertirse en un referente de la USC.

Nacido en A Coruña hace 65 años, su vida adulta transcurrió en Santiago. «Vin en 1976 a estudar Historia. Unha etapa que non esquezo, con profesores que eran mestres, coa pensión na rúa Nova de Abaixo, con bares como o Catro Ventos ou con protestas pola prezo dos pisos nas que ao saír dun local se dicía "que pague o reitor". Eramos 40.000 mozos», evoca. «Ao rematar, e tras unha estancia en A Coruña, na que inventariei fondos no museo do castelo de San Antón, accedín a bolsas para bibliotecas da USC, en Lugo, e, dende 1984, xa aquí», aclara.

XOAN A. SOLER

«Entrei na biblioteca Xeral, en Fonseca, nuns anos de moita ebulición, con usuarios que agardaban por un mesmo posto», rememora. «Ao pouco aprobei as oposicións. É curioso, pero eu nunca estudei nunha biblioteca. Nos meus anos non era habitual», prosigue. «Sempre me gustou o contacto coa xente. Iso, menos factible en postos administrativos, valorábao ao concursar. Traballei en bibliotecas como a de Bioloxía, Maxisterio e Farmacia. No 2002 cheguei a Dereito, con vistas a abrir ao curso seguinte a Conchi», añade, utilizando ya su nombre popular. «Cos anos ata a peña de lotaría do persoal do centro chamouse Conchi», apunta divertido, centrándose en un edificio que innovó.

«Apostouse por un modelo novo, non de biblioteca de facultade, se non de campus, centralizándose alí os fondos de Dereito, Políticas e Relacións Laborais. Foi moito traballo ao non estar antes tan estruturado. Como sala de estudo, con case mil postos e moi céntrica, o seu eco disparouse», admite. «Nos primeiros anos podía haber ata 900 mozos na cola, e entraban á présa. Logo xa formouse unha fila, que chegaba ata a avenida da Coruña. Iso relaxouse ao abrir máis cedo. Collimos tamén o relevo á Xeral nas fins de semana. A compartimentación de exames que trouxo o plan Bolonia deulle aínda máis pulo», subraya, reconociendo el gran comportamiento general. «Foi sempre un lugar de encontro, con bo ambiente e anécdotas, como a do alumno de Medicina que esqueceu un cráneo humano nunha taquilla das que había antes no centro. Eu envieino a súa facultade», rescata.

Con humildad, evalúa su impronta. «Algo bo foi focalizar a través da biblioteca os gastos que facía cada departamento en libros. Temos invertido máis de 125.000 euros ao ano niso. Ao comezo, antes da explosión dixital, prestábanse casi 50.000 títulos ao ano. Para min algo fundamental era que se coñecesen os seus fondos, con case 190.000 volumes, decisivos na súa fama, mesmo internacional. Hai 21 anos era impensable imaxinala», reconoce, enlazando con orgullo ejemplos. «Un profesor italiano de Dereito administrativo díxonos que podía vir aquí a investigar porque tiña máis fondos que na súa universidade. Iso é algo común; vén xente de moitos países. Cando lle ensinei ao presidente de Cabo Verde, profesor de Dereito, que tiñamos libros seus, alucinou!», defiende. «Algo que me quedou foi publicar o catálogo antigo, no que hai auténticas xoias, como un libro de Dereito internacional de 1560 ou unha edición cun mapa da lagoa de Venecia que nin se atopa en anticuarios. Os profesores, orgullosos da Conchi, xa nos din que queren que sexa depositaria dos seus libros», destaca.

«Sempre tiven moitas ideas, como a de incluír un espazo de cómics á entrada, algo que foi aceptado. Aínda así, o que máis me satisfixo foi ver que o persoal que estivo aquí foise sempre para mellor. A despedida que me deron o ano pasado emocionoume», agradece.

«Agora fago rutas, que catalogo na web Roteiros galegos. Desde febreiro poderá acompañarme nelas a miña muller, que se xubila. É subdirectora na Xeral. Coñecímonos na biblioteca», señala risueño.