Bertamiráns terá festa infantil de entroido o día 10 e o desfile será no Milladoiro na xornada seguinte
SANTIAGO
O obxectivo, segundo sinala o alcalde, Blas García, «é fixar as actividades xa nos núcleos»
31 ene 2024 . Actualizado a las 05:05 h.Ames terá una programación de entroido na que destacan os desfiles e as actividades para un público máis infantil. Todas as propostas desenvolveranse entre o 7 e o 12 de febreiro, xornada esta última que coincide co martes de entroido.
O Concello e a asociación Xuntanza Empresarios de Ames (XEA), que colabora de xeito activo nesta programación, buscan unha festa para que participe a veciñanza e a asociacións locais, sen entrar en competicións con outros entroidos moi consolidados, como o Entroido da Ulla ou o de Negreira. O obxectivo amesá, segundo sinala o alcalde, Blas García, «é fixar as actividades xa nos núcleos: o entroido infantil en Bertamiráns e o desfile e o entroido para adultos no Milladoiro».
O día 7 haberá un concerto da escola de música e o 9 será o entroido do programa Amessan cun festival musical tamén da escola municipal. O día 10 haberá festa na praza de Chavián (Bertamiráns), o 11 será o desfile de disfraces no Milladoiro e o día 12 haberá festa infantil en Chavián.