A MICE e o CCG analizan o cinema galego na Transición

La Voz

SANTIAGO

Fotograma de «Habitar», de Anxos Fazáns
Fotograma de «Habitar», de Anxos Fazáns

Continuarán as proxeccións de filmes

21 mar 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que comezou onte cun espectáculo audiovisual homenaxe a Dorothé Schubarth ademais das primeiras proxeccións, terá como protagonista do segundo día a xornada «Cinema galego e Transición», organizada polo festival e o Consello da Cultura Galega. Constará de tres mesas de debate no Museo do Pobo a partir das 11 horas. A primeira profundará no cinema afeccionado e militante; a segunda, abordará o paso do cinema afeccionado ao profesional; e xa pola tarde, tratarán a representación da Transición no cinema contemporáneo.

A estas xornadas úneselle proxeccións, incluíndo estreas en España e en Galicia de varios filmes. Entre os previstos, está «Habitar», de Anxos Fazáns, e «A revolución (é) probable». Ambas poderán verse a partir das 20.00 horas no Salón Teatro. Despois, ás 22.00 horas, proxectarase «Onde fica esta rúa?». No Museo do Pobo poderán verse «Taxibol »(19.30 horas) e «Flotacija» (17.00 horas).