Versos, música e exposicións enxalzan a obra de Luísa Villalta

La Voz

SANTIAGO

Soledad Felloza
Soledad Felloza ANA GARCÍA

Sole Felloza e a violinista Irina Gruia protagonizan «Tres mulleres na escuridade» na Biblioteca Ánxel Casal

15 may 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Luísa Villalta resoa xa con forza nas vésperas do día grande das Letras Galegas. Esta tarde, a Biblioteca Ánxel Casal (19.30 horas, entrada libre) acolle un concerto no que versos e música se dan a man. Baixo o título de «Tres mulleres na escuridade», a obra da autora homenaxeada este venres chegará a través da voz de Sole Felloza e do violín de Irina Gruia.

Tamén en El Corte Inglés comezan o ciclo «Celebrando as nosas raíces» para conmemorar as Letras. Esta tarde (19.30 horas, Sala de Ámbito Cultural), Xulio Teixeira presentará «As vidas do río». Mañá haberá un recital a partir das 19 horas coa participación dunha decena de escritores e escritoras.

Pola súa banda, o Museo do Pobo tamén conta cunha mostra bibliográfica en homenaxe a Luísa Villalta. Non é a única referencia expositiva. Unha mostra sobre a vida e o legado literario de Luísa Villalta pode visitarse ata fin de mes na entrada principal do consistorio de Melide, que o propio Día das Letras, o venres, acollerá unha ofrenda floral, no cemiterio municipal de O Castelo, aos escritores e intelectuais máis destacados que tivo a vila. A iniciativa, que organiza en terceira edición o museo melidense, conta coa participación aberta da veciñanza.

En Arzúa, a programación municipal reserva para a propia xornada conmemorativa un concerto de Zoelas.