O rap de Rebeliom do Inframundo e o folk de De Ninghures abrirán a nova edición do Festigal

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

A organización confirma os dous primeiros grupos do cartel para os concertos da noite do 24 de xullo no campus sur

31 may 2024 . Actualizado a las 04:50 h.

O Festigal xa ten as primeiras confirmacións para a edición deste ano. Son dúas propostas para a noite do 24 de xullo que basculan entre a música máis urbana e de raíz máis tradicional. Dunha banda, o rap de Rebeliom no Inframundo. Doutra, o folk de De Ninghures. A comisión organizadora do festival destaca que Rebeliom no Inframundo traerá ao escenario do campus sur un dos directos máis enérxicos do panorama musical galego, con «letras insumisas sobre o son das rúas». segundo a definición dunha banda que presentará o seu cuarto traballo, «Amor ou barbarie». No escenario principal do Festigal actuará De Ninghures, coa súa fusión dos estilos máis actuais coa música tradicional galega. Son dous bós exemplos da vocación do Festigal de seguir apostando «por reunir as voces máis destacadas do panorama musical galego coas iniciativas artísticas e culturais máis potentes do noso país».