«Habitar o baleiro», un relato en fotos do despoboamento en Galicia no Museo do Pobo

La Voz

SANTIAGO

XOÁN REY. | EFE

A mostra pode verse ata o 1 de setembro e recolle fotos de Brais Lorenzo

14 jun 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

A exposición «Habitar o baleiro» amosará no Museo do Pobo Galego ata o 1 de setembro o resultado dunha década de traballo de documentación do fotógrafo Brais Lorenzo (Ourense, 1986) nalgunhas das áreas máis despoboadas de Galicia.

A mostra, inaugurada onte, recolle un retrato da soidade, o illamento, o abandono e a desasistencia nalgunhas das zonas con maior perda de densidade de poboación nas provincias de Lugo e Ourense. Tamén están presentes outras problemáticas ligadas a este abandono como os incendios forestais e a convivencia cos parques eólicos.

Alén desa problemática, o relato fotográfico de Brais Lorenzo tamén amosa outra cara máis amable das zonas rurais galegas, como a repunta do interese polo sector primario ou a visión do Entroido como ferramenta de reivindicación. A mostra «Habitar o baleiro», que despois poderá verse en outras cidades e vilas, compleméntase con audios, vídeos e textos xa que forma parte dun proxecto xornalístico máis amplo.