Festa de fin de curso de «Cóntame un conto»

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

A contacontos María da Pontagha presentará a gala final desta terceira edición, amenizada con actuacións do alumnado

17 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Auditorio de Galicia acolle hoxe, a partir das 11.00 horas, a festa de fin de curso de «Cóntame un conto», un proxecto educativo impulsado dende a Fundación Antonio Fraguas que promove a actividade de contar contos tradicionais galegos entre os escolares para aproveitar as posibilidades educativas deste recurso e conservar o coñecemento da literatura galega de transmisión oral. A contacontos María da Pontagha presentará a gala final desta terceira edición, amenizada con actuacións do alumnado. Participarán 600 nenos xunto cos seus mestres.