Máis de 500 roqueiros interpretarán en galego a Green Day e Imagine Dragons no Monte do Gozo

La Voz

SANTIAGO

c

A actividade terá lugar este domingo a partir das 16 horas

17 sep 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

O festival Go! Go! Zo! despedirá esta edición a golpe de rock este domingo a partir das 16 horas no Monte do Gozo. De novo, o gran referente será a macroactuación organizada pola Casa do Rock, na que este ano confían en reunir a máis de cincocentas persoas interpretando cos seus instrumentos temas de rock de referencia nunha versión galega. Así, tocarán «Born to be wild (Salvaxe son)», de Seppenwolf; «Holiday (Resistir)», de Green Day; «Beliver», de Imagine Dragons; e o himno da escola. «Gústanos adaptar as grandes cancións á nosa lingua, facendo alusións á nosa terra e, sobre todo, ao amor polo rock & roll», afirmou Adrián Hernández, fundador da Casa do Rock. Polo momento, segue aberto o prazo para inscribirse e participar nesta macroactuación.

Non será a única música que soe. Despois da interpretación colectiva terá lugar unha sesión de combos con sete grupos noveis galegos: Rocke Experience, The Ages, Hombres Hell, QDL, ParaZmol, Rexoufeiros e D-buxos. O secretario xeral da Lingua, Valentín García, resaltou a relevancia da macroactuación pola promoción do uso da lingua desde o rock. Pola súa banda, Julio Asorey, da organización do festival, animou á cidadanía a participar neste fin de festa.