Miguel Lueiro: «Anunciei que deixaba de pór música na Sala Sónar e recibín un chute de cariño»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Xoán Soler

Este DJ, que empezó su carrera La Cervecería y la siguió en la discoteca Dúplex, comunicó hace poco que dejaba el conocido pub de Santiago en el que llevaba más de 15 años haciendo disfrutar a muchos. «Parecíame chulo rematar as noites cos Monty Python, para que a xente se fose cun sorriso», destaca

06 oct 2024 . Actualizado a las 10:46 h.

«O meu adeus foi dos bonitos, dos que se fan desde o aprecio que gardo pola Sala Sónar», resalta Miguel Lueiro, uno de los pinchadiscos más influyentes de Santiago que, en agosto, anunció que ponía fin a su historia en ese local de la rúa Mazarelos. «Pechei esa etapa de máis de 15 anos. Alí estaba cada venres e sábado de noite e compaxinábao cun traballo diurno no mundo da automoción. Necesitaba espazar esa vertente de DJ, pero non a deixo», subraya con ilusión. «De neno, xa lle daba voltas á cabeciña coa música, escoitando cintas e vendo vídeos en VHS. A profesionalización veume por unha casualidade», rememora.

Nacido en Teo, se inicia en la música y baile tradicional en la Asociación Cultural A Mámoa, en donde coincidió con miembros de Tanxugueiras. «Alí comecei a sentir paixón pola rítmica e os escenarios», señala y esboza una sonrisa. «Desa etapa gardo recordos e amizades marabillosas», recalca.

«No 2004, eu pasaba horas en La Cervecería, o pub dun colega. Un día, ao faltar o DJ, convidáronme a poñer uns temas... e xa seguín. Teño recordos moi fermosos desa etapa. Fixemos cousas atrevidas na Cerve. Neses anos nacían ademais moitos grupos, como The Strokes, Arcade Fire ou Franz Ferdinand que sigo escoitando a día de hoxe», afirma, confesándose «ecléctico» en lo musical, con querencia por lo indie y alternativo. «Nese local xuntábase xente dende os vintepoucos anos ata os trinta e moitos. Algúns atopeinos logo noutros sitios nos que pinchei», agradece, teniendo en mente a la clientela. «Viña unha moza que sempre saía cun portadiscos e dicíache: "Quero a canción catro deste cedé". Iso eu nunca o vira, pero como pedía música que coincidía co noso gusto, como Radiohead, eramos riquiños», apunta riendo.

Miguel Lueiro en Mazarelos, cerca de donde está la Sala Sónar
Miguel Lueiro en Mazarelos, cerca de donde está la Sala Sónar XOAN A. SOLER

«No 2006 comecei a poñer música en Dúplex, unha discoteca máis festeira. Alí intentaba tirar pola electrónica, aínda que ás veces tamén tiña que pór reguetón, que comezaba, pero sen a febre actual», remarca. «Lembro con cariño a noite na que pechou o local, a do Apóstol do 2008. Como en máis festas, abriuse unha planta de abaixo, que case sempre estaba pechada. Ese espazo era unha marabilla, cun son incrible. O local estaba de bote en bote; era o que se vivía antes», recuerda.

En diciembre de ese 2008 se inaugura el Sónar, ya con él. «Nesa sala, que naceu sen un estilo 100 % pechado, tiven moita liberdade. Dependendo da xente, poñía pop, música dos 80 ou 90, electrónica ou alternativa. Coma DJ, non levo nada preparado, probo se gusta», asegura, aludiendo a continuación a dos canciones que, admite, clientes pueden asociar al pub. «Dunha xira de Iron Maiden e Helloween collín o bonito costume de rematar cada noite co Always look on the bright side of life, dos Monty Python. Parecíame chulo que a xente se fose cun sorriso, tarareando esa canción», destaca, sin poder evitar cantarla. «Durante moitos anos foi a despedida, alternándose logo co peche da primeira tempada de Son Goku, de Dragon Ball», explica. «Grazas a todos os que, entre comillas, nos permitiron xogar, arriscar con grupos que aquí non tiñan tanto predicamento. Vivimos noites inesquecibles. Facíame uns amigos que sempre me pedían un tema, Love is noise, e gozábano na pista», enfatiza.

«O Sónar catapultoume, creo que tamén grazas a todo o traballo que fixen. Alí levei a programación musical, algo que me gusta. Non esquezo concertos, como un dos últimos que deu Espido, o proxecto de Guadi Galego e Guillermo Fernández, ou o primeiro ‘bolo' de Rozalén en Galicia, aínda que só se venderan 27 entradas. Quen o diría hoxe...», reflexiona. «A noite máis loca foi con Heredeiros da Crus, cando regresaban a sitios pequenos, aos ‘galiñeiros'. Foi un desborde», evoca. «Lanzamos tamén o Santiautor, un festival de música de autor, con edicións de ata 25 datas e gran repercusión. Foi un bo traballo, aínda que duro. Sempre digo que se non chega a ser por aquilo, eu tería melena», bromea. «A xente pedía que o evento regresase, pero as cousas ás veces hai que deixalas...», razona, volviendo a su adiós.

«Sorprendeume o chute de cariño que recibín cando anunciei nas redes que deixaba o Sónar. Iso impulsoume na nova etapa na que seguirei como DJ, pero esporádico. O 26 deste mes pincharei no Riquela; ao mellor ata fago un revival dos meus 20 anos nas cabinas», comenta. «A vida cambia... Este ano tiven a sorte de casarme no Día das Letras Galegas. A posterior celebración foi no Sónar», realza.