Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Nacho Castaño: «A xente asociáme a actor e sorpréndelle verme de fotógrafo do Compos»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

Nacho Castaño: «Non coñecían esa faceta miña»
0 seconds of 2 minutes, 37 secondsVolume 90%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
00:00
02:37
02:37
 

Ao coñecido intérprete, cunha traxectoria de case catro décadas, os seguidores do Compostela poden velo coa súa cámara a pé de campo. «Poder inmortalizar en Santiago ao teu equipo, estando ademais a túa muller e os teus fillos no campo, é algo que gozo», asegura

24 nov 2024 . Actualizado a las 07:58 h.

Dende finais da pasada tempada, os seguidores do Compostela poden velo coa súa cámara a pé de campo. «A xente asóciame a actor e sorpréndelle verme de fotógrafo en San Lázaro, pero a fotografía sempre foi para min outra paixón. Practiqueina como afeccionado e tamén fixen fotos de voda. De mozo, co meu primeiro soldo, comprara, ademais dunha guitarra, unha cámara, que logo perdín», lembra rindo Nacho Castaño, de 52 anos.

Nado en Vilagarcía, a súa infancia pasouna en Vilalba polo traballo do seu pai na fábrica de Nestlé. «El ademais era pianista. Miña nai, mestra, canta e actúa moi ben. A eles, miña irmá Cris (Cristina Castaño) e mais eu debémoslles en gran parte adicármonos á interpretación», prosegue cun brillo nos ollos. «Meus avós maternos coñecéranse xa nas táboas. El dirixía zarzuela, teatro e era o locutor de La Voz de Arosa; miña avoa era actriz. Non é que todos sexamos artistas, nin eu me considero así, pero é que somos moitos e hai de todo. Meu pai, de Padrón, con 11 irmáns —entre eles, o comentarista Pepe Domingo Castaño—; miña nai, de Vilagarcía, con 9. Nós somos cinco irmáns, e tres con pelo roxo, un xene que baila por ambas familias», di sobre un trazo seu moi característico.

Nacho Castaño y su hermana Cristina Castaño en una foto de archivo del año 2016 en la que salen en su instituto, en el IES Eduardo Pondal
Nacho Castaño y su hermana Cristina Castaño en una foto de archivo del año 2016 en la que salen en su instituto, en el IES Eduardo Pondal Álvaro Ballesteros

«Aos meus 13 anos instalámonos en Santiago, tamén pola proxección educativa da cidade. Estudei no IES Eduardo Pondal. Nese tempo meu pai comezou a tocar o piano no pub Rahid e miña nai cantaba alí. Ghaleb Jaber Ibrahim, do Araguaney, faloulles da dobraxe, que comezaba en Galicia, e ela quixo probar nunha sesión á que me levou para non deixarme só. Parece ser que eu era o máis traste dos cinco», evoca divertido. «Pero dende que fun alí, e vin iso, souben que era o meu, non deixándolle xa de pedirlle ir con ela sempre. Eu de neno xa lle preguntaba como se facía para que o Pato Donald falase castelán. Imitaba voces e actuaba no colexio. Desfruteino sempre», destaca. «Nese ano fixen un curso de dobraxe, do que saín desanimado porque, coa miña voz infantil, tocárame dobrar a un galán. Aínda así, non debín facelo tan mal porque Roberto Vidal Bolaño, con quen era unha marabilla traballar, chamoume para un papel. El foi quen primeiro me deu unha oportunidade na dobraxe, na televisión e no teatro. En 1987 actuei no filme Divinas Palabras», sinala.

JOSE PARDO

«Especialiceime en dobraxe e, nun momento sen moito traballo, fun a Londres coa idea de quedar alí. Sucedeu, sen embargo, que aos tres meses me chamaron desde Galicia para dobrar unha serie de debuxos, Candy Candy, e non dubidei en volver. Ao pouco tiven ademais a sorte de actuar en Mareas Vivas», revive con orgullo sobre a icónica serie que tamén lle deu a el sona, a medida ademais que encadeaba papeis de dobraxe. «Collinlle cariño ao Xigante de Doraemon, que dobrei para a TVG máis de 600 capítulos. Tamén fixen en galego de Steve Urkel, e de Ralph Macchio, protagonista de Karate Kid. O actor Matthew McConaughey tamén son eu... Nese campo, do que vivo, xa levo 38 anos», razoa restándose méritos aínda que admitindo o eco collido tamén como actor en varias series televisivas, como Urxencia Cero ou Rapa, e, xa no teatro, na recente A Peste, do CDG. «Levaba 15 anos sen subirme ás táboas. Alucinei ao ver que me escolleron como protagonista. En Santiago ata me parou xente pola rúa para felicitarme polo papel», agradece tímido.

Nacho Castaño, durante o seu papel en «A Peste»
Nacho Castaño, durante o seu papel en «A Peste»

Con ilusión, salta ao fútbol. «Hai 30 anos eu era seguidor do Compos. Estaba na peña Os sedentos. Vivíao moito, sendo incapaz de non berrar un gol. No ascenso a Primeira, en Oviedo, quedárame afónico e aí xa estaba dobrando... En parte por iso deixei de ir ao campo», rememora. «Pero hai dous anos, retomeino coa miña muller e cos fillos, de 13 e 15 anos, que aínda queren ir con nós... A familia é o máis importante para min», subliña, e aclara que tamén estudan no IES Eduardo Pondal. «Gustoume sempre a fotografía deportiva. Eu vía o campo e pensaba no que desfrutaría sacando fotos nel. Faleino co xerente do Compos e ofreceume probar. Gustoulle o resultado e comecei... Hoxe encántame o ambiente que hai no equipo. Ata vou aos desprazamentos...», afirma. «Poder inmortalizar ao teu equipo, estando ademais a túa muller e os teus fillos no campo, é algo que gozo. Nin me importa cargar co equipo ou estar baixo a chuvia», remarca.

«No próximo derbi dos artistiñas, que enfronta a xente do eido cultural, vou pedir só facer fotos. E así non me lesiono», remata sorrindo.