
Inclúe un roteiro e un concerto no Teatro Principal baixo o título de «Camiño Novo»
13 dic 2024 . Actualizado a las 21:09 h.Cantigas e Agarimos organiza este sábado unha homenaxe a Rosalía. Ás 11.30 horas comezará na escalinata que comunica a Alameda co Campus Vida o roteiro «Rosalía por Compostela», acompañado por Mercedes Espiño. Despois, ás 21 horas, haberá o concerto «Camiño Novo» no Teatro Principal a cargo do coro Cantigas e Agarimos, acompañado pola sección instrumental. A entrada é de balde ata completar a capacidade.