«Go home» invita en Santiago a unha viaxe sorpresa para falar de turismo e xentrificación

La Voz

SANTIAGO

Leo López

31 ene 2025 . Actualizado a las 22:48 h.

Venres e sábado • 20.30 horas • Teatro Principal • 12 euros • A comedia negra «Go home», de Etiqueta Negra, recala hoxe en Santiago para abordar desde enriba do escenario temas tan de actualidade como o turismo e a xentrificación. Os protagonistas desta montaxe dirixida por Tito Asorey son David Amor e Josito Porto.

Esta obra escrita por José Prieto conta a historia de David, un fanático do turismo que xa experimentou todo tipo de aventuras que as axencias lle podían ofrecer. Todas agás unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A proposta levarao a facer noite no Cebreiro, comezando aí unha aventura na que gozará de emocións intensas, como a dúbida, o medo e a sorpresa. Ao remate da función de hoxe, haberá un encontro entre o equipo artístico e o público. Onte quedaban moi poucas entradas tanto para a sesión desta noite como para mañá.

E ADEMAIS

«Nada se sabe»

18 horas • Salón Teatro • Desde 10 euros • Espectáculo inclusivo coproducido polo CDG e Culturactiva.