Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Mar Caldas leva ao CGAC o traballo das mulleres e a memoria familiar

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

A mostra inaugurada este venres estará acompañada por un obradoiro, encontros co artista e unha intervención en Bonaval

01 feb 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) abriu o seu ano expositivo con «Mulleres, traballo e memoria», unha mostra coa que a fotógrafa Mar Caldas «leva a súa conciencia de clase como muller traballadora á centralidade do seu discurso», destaca a comisaria, Monse Cea.

A viguesa, unha das pioneiras galegas desde unha praxe artística feminista, amosa obra recente na que coloca no foco os traballos das mulleres, denunciando a súa escasa consideración, non só no pasado senón tamén no presente. Ademais, para esta mostra creou «Retrato de familia», centrado na memoria familiar e na que cobra moita importancia o fusilamento do seu avó —dirixente sindicalista na UGT e edil socialista no Concello de Vigo— no ano 1937. Nunha das pezas fai unha homenaxe ás mulleres da súa familia e, por extensión, un recoñecemento a todas aquelas mulleres pertencentes a familias represaliadas que sufriron distintas formas de violencia.

O Auditorio do CGAC ateigouse para escoitar a conversa da artista coa comisaria e co director do museo, Santiago Olmo. Posteriormente, tivo lugar a inauguración presidida polo conselleiro de Cultura, José López. A mostra estará acompañada dun obradoiro impartido pola artista e unha intervención no antigo cemiterio de Bonaval. Tamén haberá encontros coa artista en marzo e abril.