
Hoxe inaugurase a mostra «Os maragatos da Porta de San Pedro», que investiga a historia dunha familia lucense
03 feb 2025 . Actualizado a las 04:55 h.A programación da biblioteca Ánxel Casal ten este mes como unha das grandes protagonistas a Rosalía de Castro coincidindo co aniversario do seu nacemento. Precisamente, hoxe comeza unha mostra bibliográfica infantil dedicada a autora, «Sempre Rosalía». Ademais, o día 22, haberá unha sesión de contacontos, «Rosalía pequena», a cargo de Ramiro Neira.
Por outra banda, esta mañá, ás 12.30 horas, inaugurarase a mostra «Os maragatos da Porta de San Pedro», que poderá verse no vestíbulo. Este proxecto investiga na historia da familia lucense.