Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Xurxo Souto a Pauliña e Antón Reixa: alumnos de Filoloxía poñen música aos 50 anos da Facultade

La Voz

SANTIAGO

Xurxo Souto coordina o concerto
Xurxo Souto coordina o concerto PACO RODRÍGUEZ

O concertoserá esta tarde ás 19 horas no Auditorio de Galicia e tamén se poderá seguir por «streaming»

26 feb 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

19 horas • Auditorio de Galicia (Tamén pode seguirse en ‘streaming’) • En febreiro de 1975 constituíuse a Facultade de Filoloxía da USC cunha comisión xestora que iniciou os seus traballos entre os días 23 e 28. Agora, para conmemorar esta data, hoxe, ás 19 horas, celebrarase no Auditorio de Galicia o concerto «Scripta manent, verba volant [Os escritos permanecen, as palabras voan]». Será unha actuación especial xa que ao escenario se subirán artistas cun denominador común: ter sido alumnos do centro. Coordinados por Xurxo Souto, actuarán egresados da facultade que son profesionais da música como Pauliña, César Morán, Eladio Santos, Alba María, Filólogos de Ataque Escampe (Samuel Solleiro, Miguel Mosqueira, Álex Charlón), Carlos Valcárcel (Projecto Mourente), Noemi Basanta, Laura Lamontagne, Susana de Lorenzo, Leo de Matamá, Uxía, Alfredo Dourado e Antón Reixa.

No concerto tamén intervirá o Coro da Gentalha do Pichel para interpretar o himno do recital, «Scripta manent, verba volant», composto para a ocasión por Xurxo Souto sobre o poema de Luísa Villalta do libro «Música reservada». Tamén formará parte do acompañamento a Orquestra Bravú Xangai.

O concerto tamén supón unha viaxe por 50 anos de creación musical con estilos que van do indie, a electrónica ou a música clásica.