
Esta mañá entregará os premios desta vixésima edición
16 mar 2025 . Actualizado a las 04:55 h.A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego pecha a súa vixésima edición poñendo o foco nas cineastas galegas emerxentes. Será a partir das 19 horas no Teatro Principal coa proxección de media ducia de filmes asinados por Gala Rodríguez, Yasmina Farhani Luaces, Bea Peres Fernandes, Lara e Noa Castro, e Sabela Souto. A sesión contará coa presenza das autoras.
Pola mañá, ás 12.30 horas, celebrarase a entrega de premios desta vixésima edición, que contaba con trece filmes en competición que optan ao Premio Agantro, ao Premio CREA, e ao do Público.