Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Recital e mostras nas Biblioteca Ánxel Casal compostelana

La Voz

SANTIAGO

Iria Rodriguez

O servizo celebra o Día da Poesía cun recital de Lucía Aldao e Manuel Merino

21 mar 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

A Biblioteca Ánxel Casal celebra o Día da Poesía hoxe co recital poético-musical «Os nomes íntimos» da man de Lucía Aldao e Samuel Merino. Será a partir das 19 horas.

Ademais, hoxe abrirán mostras bibliográficas centradas nos versos. Trátase de «Sé sempre poeta, incluso na prosa», dirixida ao público infantil. Despois, tamén comezará «Os campos de Machado», coa que lle queren render homenaxe ao autor cando se cumpren 150 anos do seu nacemento. Outra das mostras que abre é «Amar entre linguas». A elas hai que engadirlle «Bernardino Graña, o gran poeta do mar, 1932-2025», que encara a súa recta final xa que pechará o 29.

Mañá sábado haberá a sesión de contacontos «Poemas encantados» a cargo de Servando Barreiro (12 horas).