
A cátedra organizará unha mostra en Fonseca e a plantación dun érbedo
03 abr 2025 . Actualizado a las 04:55 h.Rosalía de Castro será protagonista durante este mes na Universidade de Santiago para propiciar o «ingreso simbólico, con honores» no seu claustro. Para iso a cátedra dedicada á autora galega propón unha exposición e a plantación dun érbedo no xardín de Fonseca.
A mostra, que abrirá o 9 de abril no claustro alto de Fonseca, mergúllase nas inquedanzas científicas da autora. Ademais, conectará a obra de Rosalía cos discursos científicos do seu tempo.
O 23 de abril, Día do Libro, plantarán un érbedo no xardín de Fonseca lembrando que á autora de «Follas novas» lle gustaba escribir onda un exemplar desta especie no pazo de Lestrobe.