
María do Cebreiro tamén entregou á Biblioteca da Universidade un exemplar do libro-herbario «Os ollos das árbores»
24 abr 2025 . Actualizado a las 04:55 h.«En memoria do érbedo de Lestrobe, onde Rosalía escribía», recolle a placa colocada ao lado dun exemplar deste arbusto plantado onte no xardín de Fonseca pola vicerreitora de Cultura da USC, Pilar Murias; a alcaldesa, Goretti Sanmartín; a directora da Cátedra institucional Rosalía de Castro, María do Cebreiro Rábade; e o conservador do Museo de Historia Natural, Juan Manuel Cutrín, entre outros.
A representante da Universidade tirou de simbolismo e apelou para que con esta planta «prenda o recordo de Rosalía e a paixón pola lectura». Pola súa banda, a alcaldesa incidiu na defensa que Rosalía de Castro facía das árbores: «Foi unha ecoloxista radical». Ademais, o acto incluía a entrega á Biblioteca da Universidade dun exemplar do libro-herbario «Os ollos das árbores», de María do Cebreiro.