O CDG e Berrobambán estrean este venres no Salón Teatro este espectáculo inclusivo
21 may 2026 . Actualizado a las 04:55 h.De venres a domingo • 18 horas • Salón Teatro • 10 euros • Diferentes corpos, identidades e linguas fusiónanse en «Somos os monstros», a coprodución entre o Centro Dramático Galego (CDG), Berrobambán e as compañías portuguesas Terra Amarela e Comédias do Minho. A montaxe, que se estrea este venres, propón unha viaxe entre o real e o fantástico para cuestionar o medo, a diferenza e aquilo que queda fóra da mirada. O espectáculo está baseado no texto homónimo de Paula Carballeira e orientado a todos os públicos a partir de 10 anos. Areta Bolado, Emma Vallejo, Juliana Campos, Manu Estévez e Tony Weaver conforman o elenco baixo a dirección de Magda Labarga. Trátase dunha proposta inclusiva e accesible na que se empregan galego, portugués, lingua de signos española e lingua xestual portuguesa.
Propostas hoxe
«Alicia wants to»
20.30 horas • Teatro Principal • 12 euros • Espectáculo a cargo de Bengala Teatro Físico.
Josito Porto e Luis Rey
21 horas • Casa da Cultura de Bertamiráns • 5 euros • Comeza o ciclo de monólogos de Ames.