
«Galeg@ para sempre» foi entregado aos responsables das funerarias Apóstol Santiago, Casablanca e Albia
31 oct 2019 . Actualizado a las 13:29 h.Galeg@ para sempre. Así se titula o manual de recursos en lingua galega para actos funerarios que o alcalde e a concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, entregaron onte aos responsables das funerarias Apóstol Santiago, Casablanca e Albia. O Concello pon así a disposición destas, coincidindo coa celebración dos días de Todos os Santos e Defuntos, un incentivo para que poidan ofrecer os seus servizos en galego e facilitar o uso correcto e normativo do idioma.
Noa Díaz agradeceu ao Concello de Ames a cesión da primeira edición do manual, para adaptala nos aspectos que así o requirían ao caso de Santiago. A concelleira considera unha anomalía que persoas que «se expresaron e viviron en galego sexan despedidas noutra lingua» e animou a «desterrar prexuízos» e a ofrecer os servizos funerarios tamén en galego, «como sucede noutros ámbitos». Segundo o alcalde, «este manual pretende facer normal o que xa debería ser normal».