14 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
O Concello de Ames celebrou onte o acto de entrega de premios do seu certame de narrativa e poesía, con 18 gañadores. En narrativa, os premiados na categoría de menores de 13 anos foron Comba Vilar e Hugo Davila, Mencía Naz; na categoría de 14 a 17 anos, Noelia Fernández, Antía Quinteiro y Mariña Maceiras; e na de maiores de 18, Ana Figueirido, Francisco Javier Davila e Óscar Reboiras. En poesía, Arwen Fernández, Adrián Suárez e Yegor Padín foron os premiados na primeira categoría; Mariña Maceiras, Carla Crespo e Nerea Pallarés, na segunda; e Branca Trigo, Xurxo Alonso e José Ramón Sánchez, na terceira.