O programa Apego de Ames conta con maxia, cine, danza e música ata rematar o ano

La Voz

AMES

31 ago 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

Música, cinema , xogos, contos, maxia e danza conforman parte das propostas deseñadas polo Concello de Ames ata rematar o ano no marco da súa programación infantil con Apego.

As primeiras actividades chegan esta semana. Cé Orquestra Pantasma recala mañá no parque do Ameneiral de Bertamiráns e o venres no parque dos Piñeiros do Milladoiro co seu espectáculo «Brincadeiras miúdas» a partir das 18.00 horas, de balde, e sen inscrición previa.

A programaicón, que foi presentada onte, tamén incluirá este mes a proxección de «Valentina» no Milladoiro (día 21), un espectáculo musical de A Gramola Gominola (día 23) en Bertamiráns e un taller teatral (día 30) no Milladoiro. En outubro haberá danza, volverá unha nova edición do Festival de Maxia de Ames e un espectáculo musical. En novembro, entre as propostas, destaca a nova edición do Festival de Cinema Miúdo, do 25 ao 27. Xa en decembro o gran protagonista é o Apalpador, que chegará ao pazo da Peregrina.