Ames premiará con 3.000 euros o uso do galego na actividade empresarial local

La Voz SANTIAGO

AMES

26 oct 2022 . Actualizado a las 05:05 h.

O departamento amesán de Normalización Lingüística ven de convocar o premio Lingua e Empresa co que busca fomentar o uso do galego na actividade dos negocios implantados no municipio. Haberá dous premios, de 1.500 euros cada un, nas categorías de uso continuado da lingua desde hai mais de dous anos, ou de nova incorporación ao idioma.

O xurado valorará o uso da lingua tanto na actividade interna como na externa. O prazo para participar remata o vindeiro 18 de novembro e as bases poden consultarse na páxina web concellodeames.gal.