Ames desenvolve un proxecto piloto de inmersión en galego

La Voz SANTIAGO

AMES

CEDIDA

Haberá actividades en todos os centros de ensino e nos programas de conciliación

15 feb 2023 . Actualizado a las 05:05 h.

A Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Ames desenvolverán un proxecto piloto para frear o abandono do galego que chegará a 3.000 estudantes do municipio. A iniciativa «Modo galego, actívao!» aplicarase no segundo ciclo de infantil e de primaria co alumnado dos sete centros educativos que imparten estas etapas. Incidirá no o día a día nas escolas, nas actividades extraescolares, de lecer, tempo libre e conciliación familiar que están xestionadas polo Concello.

O programa de inmersión pon o foco na implicación da Administración local e nas actividades dentro e fóra das aulas mais alá do profesorado.

O Seminario de Sociolingüística da RAG analizará o desenvolvemento dende a perspectiva científica e recollerá os resultados nun informe. A RAG espera que a experiencia sexa posteriormente reproducible noutros concellos. O luns 27 de febreiro os colexios iniciarán esta experiencia de inmersión lingüística inspirada en 21 días de uso do galego en todos os espazos escolares e de ocio. Tamén con actividades interxeneracionais con persoas galegofalantes.