Hoxe actuará en Bertamiráns e mañá no Milladoiro
06 sep 2023 . Actualizado a las 04:55 h.18.00 horas • Parque do Ameneiral de Bertamiráns (Ames) • De balde sen inscrición previa • Ames inicia hoxe as actividades do último cuadrimestre do ano do programa Apego coas «Brincadeiras miúdas» de Cé Orquestra Pantasma. Esta tarde estará en Bertamiráns e mañá no Milladoiro cunha proposta que inclúe música, xogos tradicionais e obradoiros de creación libre de xoguetes con materiais naturais. En setembro tamén chegarán as propostas de Paco Nogueiras, Trinke Trinke e Laura Martínez Rey.
E Ademais
«Volta ao Cole»
Ademais, hoxe, a partir das 18.00 horas, no Parque do Ameneiral, haberá actividades para a rapazada maior de doce anos como o toro mecánico, varredora e «Holi Party». Tampouco faltará a música.