Ames realza o vínculo con Rosalía con sete propostas

La Voz

AMES

cedida

As actividades prolongaranse durante dúas semanas e inclúen obradoiros, música e visitas

09 feb 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Ames programa sete actividades durante dúas semanas para revitalizar a figura de Rosalía e a súa obra, ademais de incidir no vínculo que ten co municipio.

A programación, presentada onte nun acto encabezado polo alcalde, comezará cunha intervención nas papeleiras, onde se porán escolmas dos seus versos. O día 17 haberá unha excursión á casa da autora en Padrón. O 22 volve «Café con versos», con actuacións musicais en locais de hostalería, o 23 haberá unha gala e o 25 unha andaina teatralizada. Non faltará os obradoiros.