![](https://img.lavdg.com/sc/cKs9kRxm7cH-NPqT9qkZ65MzTHU=/480x/2024/05/15/00121715800743878879374/Foto/S_20240515_194525000.jpg)
A partipación é de balde, nunha xornada que se prolongará das 11 ás 21 horas no pazo da Peregrina
16 may 2024 . Actualizado a las 05:05 h.A Festa do Apego encherá de actividades o pazo da Peregrina en Bertamiráns o sábado 25, das 11 ás 21 horas. Maxia, contos con música, xogos, concertos, teatro de monicreques e obradoiros conforman a celebración do Apego, o programa colectivo de varios concellos que promove a transmisión do galego como lingua inicial nas familias con crianzas de 0 a 6 anos, e contribúe á socialización en galego dos cativos con recursos virtuais e físicos. Blas García, alcalde de Ames e concelleiro de Normalización Lingüística, suliñou que coa festa búscase que a rapazada non se esqueza de falar galego nas vacacións de verán, e puxo en valor o traballo de anos de alcaldes de distinta ideoloxía: «A nosa lingua é o tesouro máis grande que temos e é o noso deber coidala». A participación na festa é de balde, e informan no 662 377 215.