Ames retoma esta semana o programa Apego con Cé Orquestra Pantasma

La Voz

AMES

c

Contará con actividades o mércores e o xoves en Bertamiráns e O Milladoiro, respectivamente

03 sep 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Xogos, contos, obradoiros, espectáculos musicais, teatro, foliadas e cinema conforman a aposta do programa Apego de Ames para esta recta final. Esta semana chegarán as primeiras actuacións con Cé Orquestra Pantasma mañá mércores no parque do Ameneiral de Bertamiráns e o xoves 5 na carballeira de Ventín do Milladoiro. Nos dous días comeza ás 18 horas e non é precisa inscrición. A programación foi presentada onte polo alcalde, Blas García, e as técnicas Raquel Barbeito e María Vázquez. En setembro tamén chegará A Banda do Verán (día 13), Arkhé (día 20) e Anxo Moure ( 28). En outubro será a quenda de Peter Punk, Migallas Teatro, Bolboreta e Fabaloba, así como Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Tamén terá lugar o Festival de Maxia de Ames. En novembro estarán Paco Nogueiras e Danzacontos, ademais de celebrarse o Festival Cinema Miúdo. En decembro chegará o Apalpador. Non faltarán os contos nas bibliotecas.