![](https://img.lavdg.com/sc/Fxmz5odxAFCJVY1MyQhSzkI2b1Q=/480x/2024/10/24/00121729794961596520511/Foto/S_20241024_201103000.jpg)
O Concello recoñecerá por sétimo ano o uso da lingua propia con dúas modalidades de participacion
25 oct 2024 . Actualizado a las 04:55 h.O Concello de Ames convoca a sétima edición dos premios Lingua e Empresa, que recoñecen o uso do galego na actividade económica do municipio. As bases inclúen dúas categorías con 1.500 euros en cada unha delas. A primeira inclúe a empresas con uso consolidado e estable do galego na súa actividade diaria dende hai máis de dous anos, e a segunda recoñece ás empresas que naceron nos dous últimos anos e que utilizan o galego de xeito habitual.
A presentación de candidaturas remata o 21 de novembro. As empresas teñen que ter sede social ou o seu centro de actividade en Ames.