Lago Louro Avogados e Tecidos Tolemia, premiados en Ames

La Voz SANTIAGO

AMES

Cedida

Recibiron os galardóns Lingua e Empresa que organiza o Concello

15 dic 2024 . Actualizado a las 05:05 h.

As empresas Lago Louro Avogados, na categoría de uso consolidado da lingua galega; e Tecidos Tolemia, na de nova incorporación, recibiron os Premios Lingua e Empresa, na súa sétima edición, organizados polas concellarías de Normalización Lingüística e de Promoción Económica do Concello de Ames. No acto de entrega dos premios estiveron representadas arredor de vinte e cinco empresas participantes neste certame. O alcalde e responsable de Normalización Lingüística, Blas García, agradeceu ás empresas de Ames «que tedes o valor de usar a lingua galega nun momento que parece máis complicado que anos atrás».