
A voceira do grupo municipal amiense reuniuse coa alcaldesa de Santiago e membros do seu goberno
16 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A voceira do grupo municipal do BNG de Ames, Escarlata Pampín, reivindicou como prioritario nunha xuntanza coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e membros do seu goberno que «a veciñanza conte cun parque comarcal de bombeiros», unha necesidade que vén de anos atrás, lembrando que Ames polo seu censo «está obrigado a contar cun servizo propio de bombeiros e seguimos carecendo desta prestación absolutamente imprescindible». Pampín coincidiu coa rexedora na esixencia dun plan de transporte metropolitano acorde ás necesidades da poboación. A demanda dunha AP-9 pública, galega e gratuíta foi tamén tema de total acordo, nunha xuntanza que abordou ademais a senda de Santiago ao Milladoiro e a depuradora da Silvouta.