Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Capital Voskov gaña o concurso Queixo Maquetón de Arzúa

La Voz

ARZÚA

.

A lista de finalistas completárona Zeltia Irevire e Supercremalleras

29 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

A banda Capital Voskov é a gañadora desta edición do concurso Queixo Maquetón ligado á Festa do Queixo da Arzúa. Á formación coñecida pola súa capacidade para mesturar sons innovadores con letras impactantes e enerxía escénica conquistou ao xurado e ao público nunha edición na que Zeltia Irevire e Supercremalleras completaron a listaxe dos tres finalistas.

Segundo destacan desde a organización, este ano bateuse un récord de participación, duplicando o número de concursantes respecto ao ano anterior.

A formación gañadora participará nos concertos da Festa do Queixo, que este ano, como novidade, se adiantan unha hora para facilitar un maior acceso de público. Así, Capital Voskov actuará o 15 de marzo a partir das 20.30 horas.