28 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
A Sociedade Ornitolóxica Galega, en colaboración coa concellaría de Desenvolvemento Local do Concello de Dodro, celebra hoxe unha xornada dedicada ao estudio da escribenta das canaveiras, unha ave en perigo de extinción. Deste modo, a sesión arranca as dez e media da mañá no Hotel Pazo de Lestrove, onde se celebrarán catro conferencias para, a partir das tres e media da tarde, realizar unha visitas guiada aos carrizais do Ulla nas Brañas de Laíño co obxecto de observar de preto o paxaro, baixo as indicacións de Emilio Martínez Sabarís. O acto ten grande importancia xa que o 2009 é o ano mundial da escribenta, unha especie da que hai moi poucos exemplares.