O edil Xoán Bautista Mariño afirma que «é un dos campos silenciados pola maior presenza masculina como é o patrimonio oral, a música e o baile»
16 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O BNG de Dodro solicita un recoñecemento para as cantareiras do municipio, unha reivindicación, afirma, en defensa das veciñas «nun dos campos silenciados pola maior presenza masculina como é o patrimonio oral, a música e o baile».
O edil Xoán Bautista Mariño lembra que «a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño fixo en 1993 unha contribución ao patrimonio etnográfico Inmaterial, sendo as mulleres as protagonistas de moitas das gravacións e fichas documentadas».