Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Melide renderá na Foliada a súa particular homenaxe ás pandeireteiras

Natalia Rodríguez Noguerol
N. Noguerol MELIDE

MELIDE

Mercedes Peón
Mercedes Peón Eduardo Pérez

Unha delas, Mercedes Péon, é a cabeza de cartel da cita, que se fará maior de idade a última fin de semana de abril

28 mar 2025 . Actualizado a las 21:20 h.

O recoñecemento que o Día das Letras recibirán as pandeireteiras do país non pasou desapercibido para a organización da Foliada de Melide, que celebrará a súa maioría de idade facendo o propio, a través da figura dunha delas: Mercedes Peón. A artista, natural do tamén concello do interior coruñés de Oza dos Ríos, é a cabeza de cartel do encontro en torno á música e ao baile tradicionais galegos que se volverá a celebrar na localidade melidense a última fin de semana de abril.

Peón, que actuará en Melide acompañada por unha vintena de mulleres dentro da súa Xira Ingrávida, pechará o domingo 27 a Foliada, «unha das citas anuais máis imporantes da nosa cultura tradicional», afirmou este venres o rexedor José Manuel Pérez na presentación dun progama que debullou a locutora da radio municipal Raquel Varela. A cita, que tamén rende tributo ás pandeireteiras cun cartel no que a deseñadora gráfica melidense chama a atención sobre a vestimenta propia desas «mulleres anónimas, transmisoras dunha das formas máis xenuínas da cultura tradicional galega», dixo o alcalde, tamén subirá ao escenario a Carapaus e Coanhadeira. 

Ambos os dous concertos serán na primeira das xornadas da Foliada, que arrancará o sábado 26 coa apertura dunha mostra que reunirá a catorce artesáns de toda Galicia na praza do Convento, no casco vello de Melide. Será o epicentro do encontro, que, esa misma xornada, acollléra dúas das propostas máis concorridas: os cantos de taberna, na zona do viños, e o serán, no que está confirmada a participación de Os Melidaos, que compartirán escenario con formacións de música tradicional da comarca e da contorna. 

Os Treboeiros de Muimenta volverán a animar o ambiente nas rúas de Melide o sábado, para cando tamén está programado un obradoiro de baile para todas as idades. O cuarteto de gaitas Ansuíña será o primeiro en facer soar a música tradicional na segunda e última xornada da Foliada, cunha sesión vermú amenizada por Cantometrics, e a actuación dirixida ao público infantil de Cé Orquesta. Tamén para o domingo se reserva a exhibición de baile galego, que, desta volta, correrá a cargo de Xacarandaina. Os entretementos de vello volverán ter na Foliada un escaparate de difusión, da man da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional

A concelleira de Cultura, Ana Mosteiro (BNG); e os seus homólogos de Igualdade, Carmen Liñeira; e de Promoción Económica, Xosé Igrexas, acompañaron ao alcalde de Melide na presentación da dezaoito edición da Foliada, que acolleu a praza do Convento nun acto aberto ao que asitiron un grupo de veciños, incondicionais do encontro.