Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Foliada en Melide con Mercedes Peón e moito máis

La Voz

MELIDE

MIGUEL MIRAMONTES

Desenvolverase hoxe no casco vello da localidade

27 abr 2025 . Actualizado a las 21:20 h.

Hoxe Todo o día • No casco vello • Acceso aberto • Mercedes Peón recalará este domingo en Melide coa súa xira «Ingrávida» como cabeza de cartel da Foliada de Melide, que, ata o concerto de peche —mañá ás sete da tarde— da cantareira e pandeireteira, ofrecerá toda unha fin de semana de actividades en torno á música e ao baile tradicionais galegos.

O encontro, que reúne a centos de afeccionados ao folclore popular, terá este sábado os momentos máis agardados: o concurso de cantos de taberna, a partir de mediodía, e a marcha gaiteira e posterior serán, dende as sete da tarde. Carapaus e Coanhadeira pecharán a xornada de hoxe, coa animación de rúa de Os Treboeiros da Muimenta, e dous obradoiros de baile, a cargo de Cris Canosa. Unha mostra de artesanía e instrumentos diversifica a programación musical, con Anxuíña, Cantometrics, Cé Orquestra Pantasma e Xacarandaina, o domingo.