O IES de Bertamiráns gaña a final do Club de Debate en disputada pugna co de Negreira
NEGREIRA
![](https://img.lavdg.com/sc/UZmoBo4caXkmEvyrQRh_y0oatD0=/480x/2018/05/07/00121525676642275638993/Foto/S06Y8089.jpg)
O terceiro posto foi para o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro
07 may 2018 . Actualizado a las 09:05 h.Seis puntos de diferenza a favor do equipo Abrapalabra, do instituto de Bertamiráns (Ames), déronlle a vitoria sobre o equipo 1 do IES Xulián Magariños, de Negreira, na final galega do Club de Debate celebrada en Ferrol. Como a propia organización recoñeceu, as puntuacións «foron moi axustadas e o xurado tardou moitísimo nas súas deliberacións», pois os amienses sumaron 353 puntos polos 347,50 dos negreireses. Os mozos debateron sobre se as tecnoloxías da información e comunicación favorecen o uso do galego. O terceiro posto foi para o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro, e o cuarto para o equipo Apalabrando, do IES de Bertamiráns, seguidos do equipo 2 de Negreira e o instituto Luís Seoane. Foron catro os centros participantes, porque tanto Negreira como Ames meteron dous equipos na final.