Premio humanístico a un traballo sobre Xusto Beramendi

La Voz

NEGREIRA

CEDIDA

O historiador recibiu o galardón Manuel González

30 jun 2018 . Actualizado a las 05:10 h.

O xurado do Premio humanístico Manuel González, do IES Xulián Magariños, de Negreira, acordou declarar como gañador o traballo «O historiador Justo Beramendi e a Galicia do século XX», presentado baixo o pseudónimo Galicia Minimalia, e constituído por Carlota García Pérez, David Couto Alló, Sara Nieto Ferreiro e Jonathan Blanco. O galardón está dotado con 300 euros e diploma.