23 feb 2022 . Actualizado a las 04:55 h.
Ofrendas florais, actuacións musicais, charlas e recitais, así como versos acompañando cafés, son algunhas das múltiples propostas coas que hoxe se lembrará a Rosalía en Santiago, Padrón e a área compostelá.
En Santiago, aos actos institucionais, engadiráselle o reparto de libros e unha rosa a todos os que pasen pola praza do Toural. En Filoloxía seguen con charlas e recitais. En Padrón, tamén hai Tertulias clandestinas, a presentación do libro premiado no certame poético e un concerto de Xisco Feijóo. En Ames, inaugúrase o mural de Yoseba Muruzábal na Casa de Cultura do Milladoiro. Brión, pola súa banda, lembrará a Rosalía na igrexa de Bastavales. En Teo, plantarán unha filla da figueira da escritora na carballeira de Luou.