
É unha das facultades da USC nas que menos materias se imparten na lingua propia
15 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Medicina é unha das facultades da USC nas que menos materias se imparten en galego -o curso pasado só foron un 2,36 % das horas-. Ademais, detectaron que o uso da lingua propia por parte do alumnado se recorta polo contacto con compañeiros de fóra de Galicia. Agora para mudar esta situación e limar os prexuízos lingüísticos do alumnado, especialmente o de primeiro curso e o que procede doutros lugares, puxeron en marcha ata decembro a iniciativa «A boa medicina», que foi presentada onte polo vicerreitor Gumersindo Feijoo Costa; a xefa da área de dinamización do Servizo de Normalización Lingüística, Isabel Vaquero; o vicedecano José Martín Carreira; a secretaria da Facultade, María Pilar Fernández; e o membro da Comisión de Normalización Lingüística, Xurxo Gerpe.