Teo homenaxea a vindeira semana a Ánxel Casal e a Avelino Pousa Antelo. O editor e político será lembrado nun acto o día 19, a partir das 20.00 horas, na Estivada da Ribeira (Cacheiras) e na posterior ofrenda floral no monólito dedicado a el. A actividade será conducida polo alcalde de Teo, Rafael Sisto, e participarán tamén representantes dos concellos de Arzúa e Santiago, así como membros da Asociación A Oliveira, precursora da iniciativa. A música correrá a cargo de Aldomir e Suasebe da A.C. A Mámoa de Louou.
Ao día seguinte, coincidindo con décimo aniversario do seu pasamento, Teo recordará a Avelino Pousa Antelo. O acto inclúe a entrega do Caxato de Avelino a Xaime Félix Arlindo, persoa moi vinculada ao galeguista, así como ao alumno deste Valentín Arias. O mantedor do acto será este ano Baldomero Iglesias Dobarro, Mero.
Logo da entrega do caxato, haberá unha ofrenda floral no monólito dedicado a Pousa Antelo na urbanización de Os Verxeis.