Gallegos en la marcha por el clima: «Estamos ás portas dun cambio abrupto»

SOCIEDAD

Manuel Santos / Greenpeace Galicia

La manifestación histórica de ayer en Madrid contó una amplia representación gallega

07 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

En la marcha contra el cambio climático celebrada en Madrid con motivo de la celebración de la COP25 y en la que estuvo presente la activista sueca Greta Thunberg, contó con una importante representación gallega. Los jóvenes que acudieron en dos autobuses a la capital española coinciden en que la protesta de ayer fue histórica. Estas son algunas de sus historias y testimonios. 

Aura Leirós: 17 años 

Aura lleva ya varios días en Madrid, viviendo la experiencia de participar en una cumbre sobre cambio climático organizada por Naciones Unidas. «Aquí hai movementos ecoloxistas de todas as partes do mundo. É unha oportunidade única para saber o que é o cambio climático e cales son as súas consecuencias. Se non actuamos, imos cara a un escenario insostible. Isto é algo que aprendes cando escoitas aos científicos», asegura. Aura forma parte de Fridays For Future desde hace un año. Para ella, el ejemplo de Greta Thunberg fue la empujón que necesitaba para que su conciencia medioambiental, que «xa tiña dentro», aflorase. «A loita ecoloxista ten moitos anos, pero Greta conseguiu algo moi importante, levantar as conciencias da xente e poñer o debate da emerxencia climática no foco de todo. Grazas a Greta decidín integrarme na agrupación de Fridays For Future que hai en Vigo. Alí atopei a un grupo de compañeiros moi compremetidos coa causa climática e dos que aprendo todos os días. Podes sentir, ademais, que a movilización que estamos a protagonizar dende fai xa un ano ten certa repercusión, polo menos a hora de xerar unha sensibilidade polo clima na cidadanía, algo que resulta fundamental. Cando se consegue concienciar ao mundo, logo pode vir todo o demais», sostiene la joven activista.

Confiesa que España aún tiene mucho recorrido en lo que se refiere a la movilización climática. «Polo menos estamos a ver que cada vez que convocamos unha nova protesta o número de asistentes é cada vez maior, tanto a nivel estatal como autonómico. Na última conseguimos encher a rúa viguesa do Príncipe, e isto vai a máis», asegura. Aura no tiene duda de que la manifestación de ayer será un punto de inflexión. «Houbo xente que nunca fora e que nesta ocasión se sumou. Isto é algo moi positivo, porque estamos a lograr unha conciencia cada vez máis global, xusto o que se require para afrontar un problema que nos afecta a todos os seres humanos».

Andrea Obenza: 23 años

Desde pequeña, Andrea siempre tuvo gestos indivudales como reciclar. Pero aclara que su compromiso medioambiental es reciente. «A diferenza é que antes actuaba de xeito particular, pero agora teño unha conciencia máis colectiva. Isto é algo que se aprende cando formas parte da mobilización contra o colapso ecolóxico. O cambio climático ameaza á humanidade, en conxunto, e temos que xestionala como tal», comenta.

En su primer año como activista, Andrea confiesa que la lección más importante que ha aprendido ha sido entender la dimensión del problema que conlleva la emergencia climática. «O que se necesita non son pequenos cambios, senón unha revolución moi profunda a todos os niveis, que permita mudar a nosa idea de relacionarnos co medio natural», advierte.

También ha entendido que pasará si la movilización de los jóvenes llega a fracasar. «Está claro que imos vivir nun mundo máis inxusto. As nosas xeracións van sufrir moito, pero aínda será peor para os nosos fillos e netos. Temos que actuar agora mesmo contra esta emerxencia climática. Eu creo que imos ter éxito. No meu caso, por exemplo, podo afirmar que agora dispoño de moita máis información sobre a crise medioambiental, e o tema do cambio climático xa está chegando tamén aos centros escolares».

Kai Baltrusch: 23 años

El interés de Kai por la naturaleza trasciende al ámbito del activismo. Como biólogo, observa el problema desde una perspectiva científica. «Na facultade xa crearamos unha asociación de divulgación científica sobre o mundo natural. Pero, logo de rematar a carreira, foi cando decidín mobilizarme, grazas aos Fridays For Future impulsados por Greta Thunberg. Sentín que tiña que dar un paso adiante e estar no lado correcto da historia», dice.

Sobre el diagnóstico que sus colegas científicos presentan sobre el cambio climático no tiene dudas al asegurar que «estamos nunha situación de colapso ecolóxico». «A xente pode estar concienciada con este problema, pero realmente non acaba de entender que estamos ás portas dun cambio global abrupto que vai acontecer se non se toman medidas urxentes», explica.

Y en cuanto a la multitudinaria movilización de ayer en Madrid, Kai desea que sirva para que «dende a sociedade se poida enviar unha mensaxe contundente á clase política, e que alcalcen acordos vinculantes. Aquí do que estamos a falar é do futuro das novas xeracións, porque os adultos estannos a deixar un planeta que, a este ritmo, acabará sendo inhóspito. Oxalá a COP25 sexa útil para que os Gobernos comecen a tomar en serio esta cuestión. Nós non temos intención de deixar esta loita mentres tanto».

Paula Cortizo: 17 años

Paula llevaba días pensando en qué mensaje luciría su cartel en la marcha contra el cambio climático en Madrid. Al final se decidió escribir «Que non cambie o clima, que cambie o sistema». «Pode parecer un concepto simple, pero creo que resume moi ben de que vai a crise climática. A comunidade científica coñece moi ben cal é o problema e as súas consecuencias, pero tamén a orixe desta emerxencia e as súas solucións. O sistema actual de consumo levounos ata esta situación, e para solucionar este problema que ameaza directamente o noso futuro teremos que mudar o modelo enteiro. A xente non está concienciada con esta cuestión, e o traballo, ao final, terémolo que facer a xente nova».

Paula describe la protesta de ayer como un momento histórico: «Había moitísimas persoas de todo o planeta. Os galegos estabamos todos xuntos, representando a nosa comunidade. A protesta debería servir para que os políticos esperten dunha vez». La joven activista, que forma parte desde enero de Fridays For Future de Santiago, estará hasta el domingo en la española. «A miña idea é ir á COP25 e asistir ao maior número posible de eventos. Agora mesmo necesito absorber toda a información que poida sobre o cambio climático, e este cumio é unha oportunidade única para aprender sobre esta ameaza, a máis importante».