«Á espera de resultados sobre o confinamento intelixente»

Carmen Parafita

SOCIEDAD

Carmen Parafita Couto traballa no Leiden University Center for Liguistics e provén dunha familia de panadeiros de Santa Comba. Xa lle vén de vello a afección de facer pan na casa

17 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Son M. Carmen Parafita Couto, da casa da «panadeira» de Vilar de Céltigos (Santa Comba). Desde o ano 2013 vivo en Leiden (Paises Baixos), onde traballo no Leiden University Center for Linguistics e estou afiliada tamén ó Leiden Institute for Brain and Cognition. Case toda a miña labor aquí céntrase en entender a mente multilingüe. Comparo diferentes comunidades e falantes bilingües e multilingües: desde o noso fermoso bilingüismo galego-español ata outras siutacións como o euskera-español, o galés-inglés en Gales, o español-inglés nos EEUU, no Caribe ou en Xibraltar, ou o papiamento-neerlandés-español- inglés nas illas ABC (Aruba, Bonaire e Curaçao).

Precisamente por este tipo de traballo comparativo que fago, viaxo a miudo a diferentes comunidades e laboratorios para recoller datos ou para presentar avances en congresos. Foi a finais de febreiro cando recibín a primeria notificación de que un congreso no que ía participar en Utrecht a principios de marzo se ía pospoñer ata agosto debido ó covid-19. Agora doume conta de que foi moi optimista pensar que para agosto estaría todo resolto. Ese congreso, así como a maioria dos congresos nos que ía participar nos próximos meses, faránse agora online. Afórranse así enerxía, tempo e cartos da viaxe. É ben certo que a experiencia non é a mesma, pero tamén hai aspectos positivos- ó ser online estes congresos son accesibles a moita mais xente. Entre xullo e agosto tiña planeada unha viaxe de recolección de datos ás illas ABC, xusto despois de estar en Santa Comba para a comunión do meu sobriño Samuel. Pero debido á pandemia, xa non van poder ser -nen a comunión nen a recolección de datos. De feito, moitos dos proxectos que teño en marcha están agora conxelados¨ ou estamos buscando formas alternativas para poder levalos adiante doutro xeito.

Levo dous meses traballando desde a casa e paso case todo o día saltando de plataforma en plataforma (Zoom, Skype, Microsoft Teams, Kaltura, etc.) para comunicarme con estudantes e colaboradores. O non poder ir á miña oficina na universidade e a imposibilidade de viaxar foi o que mais afectou a miña dinámica. Aquí non houbo un confinamento estricto. Sempre se puido sair da casa. As tendas seguiron abertas, ainda que con certas restriccións. Por exemplo, no supermercado hai que coller un carro da compra para así asegurar polo menos a distancia do carro entre a xente. Creo que nos últimos dous meses só vin un par de personas con mascarilla. É un contraste moi grande coa situación que se vive aí. Faleino varias veces cos meus veciños (orixinalmente de Chantada). Sairon a relucir nas nosas conversas as dúbidas sobre o ¨confinamento intelixente¨ (así lle chaman) que se adoptou aquí, pero tamén somos conscientes de que precisamos mais estudos para saber cal é o mellor enfoque.

O máis difícil pensó que non é a diferente maneira de manexar a situación entre os diferentes países. O peor é sentir medo de que pase algo na familia, e dado o caso, de non poder viaxar e estar preto. Quen me está axundando a sobrelevar estes medos é o pan! Parece que nesta pandemia se está facendo moito pan na casa! Para mín esto non é novo- crieime nunha familia panadeira (panadería e pastelería José Couto) e sempre tiven aficción (igual ca meus irmáns) a facer pan na casa. Supoño que é un retorno á infancia, a recordar a meus avós e a meus pais traballando, cada un coa sua «especialidade». Así, co pan no forno, quedo máis tranquila…