A folga en CRTVG contra a externalización paraliza parte da súa programación

La Voz

SOCIEDAD

PACO RODRÍGUEZ

Este venres a autonómica non conta con información meteorolóxica e deportiva nin programas como «Zigzag» e «Galicia por diante»

13 dic 2024 . Actualizado a las 17:42 h.

A folga de 24 horas á que están convocados este venres os traballadores da Televisión de Galicia e a Radio Galega está a paralizar parte da programación do ente autonómico. Programas como Zigzag, os informativos de deportes e meteoroloxía non se emitiron nesta xornada, o que fixo que os seus informativos, que forman parte dos servizos mínimos, viran recortada a súa duración. Tampoco se emitiu O termómetro, que hoxe chegaba á última emisión das 65 que foron contratadas a productoras externas. A folga comenzou o 7 de outubro con paros parciais para poñer o foco sobre este programa que foi externalizado.

Na Radio Galega non houbo emisión de Pensando en ti, unha parte de Galicia por diante, noticias de deportes nin as tres edicións do Diario cultural.

Fontes do comité sinalaron que esta noite tampouco se emitirá o programa Luar.

«Para nós a valoración da folga é estupenda. Era a primeira vez que explorabamos este formato de protesta. Non é só por O termómetro, senón para chamar a atención sobre a descentralización e desmantelamento e quitarlle carga de traballo aos profesionais. Os problemas da CRTVG pódense resumir na falta de independencia e no control político que tamén se reclama con esta movilización», sinalou a presidenta do comité intercentros de CRTVG, Raquel Lema.

Un grupo de traballadores concentrouse a mediodía na céntrica praza do Toural de Santiago para visibilizar a súa protesta.

A CRTVG, pola súa banda, sinalou que «acaba de facer fixo ao 100 % do seu cadro de persoal» e «mantense firme na legalidade vixente, defendendo que as empresas e traballadores do sector audiovisual galego teñen dereito a traballar nas mesmas condicións de competencia que existe no resto de España, e como sucede en TVE e no resto de canles autonómicas». Fontes da compañía indicaron que «esta folga ten como obxectivo restrinxir o dereito ao traballo dos profesionais do sector que queiran desenvolver o seu traballo en Galicia e en galego, é unha folga para expulsar a profesionais de Galicia».