Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Publicadas as axudas para proxectos silvícolas que preveñan os lumes

Somos Agro REDACCIÓN

AYUDAS

cedida

As subvencións, cun importe de 10,3 millóns de euros, permitirán intervir nunhas 5.600 hectáreas de monte

23 sep 2019 . Actualizado a las 15:04 h.

Un total de 424 propietarios de monte serán beneficiarios das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais. Polo menos é o que publica a resolución da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería de Medio Rural que recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG). As achegas, que están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ascenden a uns 10,3 millóns de euros. 

Os beneficiarios destas axudas son marioritariamente comunidades de montes veciñais en man común (346), seguido de propietarios particulares de forma individual (64) e das Sociedades de Fomento Forestal (Sofor) ou outro tipo de sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta (14).

As axudas corresponden a dúas liñas de axudas. A primeira é a realización de tratamentos de selvicultura para previr os lumes. A segunda está relacionada con plantacións para incrementar o valor ecolóxico do monte.