Feiraco sortea vasos personalizados coa imaxe de Melchor, Gaspar e Baltasar

Somos Agro REDACCIÓN

GANADERÍA

A marca da cooperativa CLUN deseñeou unha campaña na que trata de manter a tradición de deixar ás maxestades Reis Magos un vaso de leite 

05 dic 2024 . Actualizado a las 14:07 h.

Os nenos e nenas galegos poderán deixarlle o leite aos Reis Magos nun vaso coas súas caras. Poderán facelo grazas á campaña na que Feiraco, unha das marcas da cooperativa CLUN, pretende recuperar as tradicións galegas de Nadal e que vai dirixida aos máis pequenos. Do que se trata é que aqueles que merquen un pack de media ducia de litros de leite de calquer referencia de Feiraco, facerlles unha foto xnto co ticket de compra e poderán participar nun sorteo para conseguir estes vasos personalizados con imaxes de Melchor, Gaspar e Baltasar. Esta foto poderá subirse a un formulario disponible na web da marca ou a través do código QR nos envases de edición especial de Nadal. O prazo para participar estará aberto ata o 27 de decembro, e os vasos serán enviados ás familias gañadoras a tempo para a noite do 5 ao 6 de xaneiro.

O Belén máis Rural no Nadal compostelán

Ademais, CLUN colabora nunha das tradicións máis senlleiras do Nadal coa instalación do «Belén máis Rural» no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela. Este belén, composto por figuras artesanais que reproducen escenas do rural galego, poderá visitarse gratuitamente ata o 8 de xaneiro en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.

Con estas accións, FEIRACO e a cooperativa CLUN buscan reforzar a conexión coas tradicións e co sector primario galego, ofrecendo propostas que unen a comunidade ao redor das súas raíces culturais durante estas datas especiais.